Danza da Sabedoría

Danza da Sabedoría

Velaí a Sabedoría que chama, ergue a súa voz
Nos cumios, á beira dos camiños, Apóstase nas congostras,

Xunto ás portas da cidade,
A carón das cancelas, pregoa:
É por vós , mulleres e homes, por quen chamo,
A miña voz diríxese á humanidade…
Escoitádeme fillos e fillas desta terra
Abrídeme as portas das vosas esperanzas e soños.
Non vos deixedes intimidar por quen pon limites ás vosas inquedanzas. Rompede os abismos que vos separan da xustiza.
Deixade espazo para que entre o aturuxo solemne da santa Ruah. (musica)

E naquel día a sabedoría convidou a un banquete as nosas antepasadas, aquelas que o longo da historia escoitaran a súa voz , aquelas que xunto a Miriam souberon danzar o carón do mar.

Coa súa danza proclamaron a liberdade de todas e todos os que sufriron escravitude pola súa raza, condición, xénero, crenzas e calquera outra opresión nada da inxustiza humana.

Cosa súa danza expresaron a circularidade da vida, dos encontros, dos afectos…

Coa súa danza berraron os silencios, iluminaron os espazos escuros, sandaron as feridas e reclamaron os horizontes abertos e sonoros da profecía.

As súas historias chégannos de lonxe, pero quentan o noso corazón
Elas bailan xunto a nos de novo a danza da sabedoría, a danza de Deus, a danza do Reino,

 

Sara, a nai…

Dicían que era estéril, que so podía camiñar á sombra da Abraham, pero ela fíxose forte na súa debilidade e loitou pola súa dignidade. Polos camiños cheos de po non se deixou arredar polo que parecía imposíbel. Confiou a pesares das dubidas que oprimían o seu corazón.

“Deus fíxome rir de contenta, e tódolos que o oian riran coma min porque quen ía dicir que Sara tería un fillo”

Sara riu e danzou coa ledicia de YHWH porque experimentou a súa bendición e chegou a ser nai de nacións, cabeza de unha xenealoxía de mulleres fortes, testemuñas da vida de Deus.

 

Esther, a raiña…

A muller que tivo a forza e o coraxe de desenmascara-la mentira do poder noxento e covarde, para devolverlle a vida o pobo aldraxado.

“Meu Deus estou soíña, e non teño ninguén mais ca ti. Ti escoitas o clamor dos privados de esperanza, ti libras as nosas vidas do mal. Teño medo pero acougo en ti. O meu anhelo e a liberación do meu pobo…”

A súa beleza foi o seu poder. De muller obxecto dun rei poderoso pasou a ser suxeito de liberación. Ela puxo a verdade na mesa dos poderosos e a súa acción cambiou o loito dos que choraban a súa sorte en danza de salvación.

 

Déborah- a xuíza

Baixo a palmeira as súa palabras guiaban os camiños das xentes que a ela acudían. A súa voz inspiraba confianza porque Déborah era unha muller sabia.

E cando “acabáronse os lideres: non volveu habelos en Israel, ata que se ergueu Déborah: xurdiu unha nai en Israel. Cando a violencia chegou as portas ela uniu o pobo Bendita sexa Déborah entre as mulleres!

Da man de unha muller porá o Señor a vitoria, profetizou e Iael fixo o que non foron quen os homes. Da man das mulleres chegou a paz a Israel.

 

Rut a extranxeira

Na fronteira de Belén tomou a decisión da súa vida. Estranxeira e muller camiñou erguida xunto a Noemí cara aquela vila. Ela emigrou a unha terra descoñecida na procura dun futuro incerto pero camiñaba coa certeza do amor e a sororidade.

“Non me pidas que te deixe, que me arrede de ti, pois, a onde vaias ti, irei tamén eu, e onde te acollas, acollereime eu contigo; o teu pobo será o meu poboo, e o teu Deus será o meu Deus”

E así, a súa historia fixo visible o rostro agarimoso de Deus. Un Deus que sempre anda a procura de un fogar para a súas fillas e fillos.

“Testemuñas somos! O Señor puxo en nesta muller a herdanza de Raquel e Lea, que edificaron elas dúas a casa de Israel!

 

Magdalena a apóstola

Un encontro, quizais inesperado, sandou as súas feridas e espertou nela os soños e as promesas do Reino. Ela comprendeu axiña o que Deus desexaba para tolos seres humanos. Magdalena fixo o camiño de Galilea a Xerusalén soubo da vida e da morte, entendeu a Xesús.

“Vai onda os meus e as miñas irmás o dille o que viches o que experimentaches o que che fixo unha muller nova”

Ela proclamou a sabedoría da vida, foi á procura do mestre, danzou coa ledicia de quen atopou o tesouro e non podía máis que vendelo todo e empoderar a súa vida coma discípula do profeta galileo.

 

Cananea , a militante

Unha muller que laia a súa pena pero que non arreda no esforzo de rachar o que a deixa fora do banquete o que dende o comezo da historia invitaba a sabedoría de Deus.

“Polo que acabas de dicir a túa filla queda ceibe e o meu corazón mais vencellado a vontade do noso Deus”

A súa ousadía foi mais alo de calquera prognostico e foi quen de cambia la mirada de Xesús e coa súa palabra decidida o invita a los limites de la práctica liberadora.

 

Lidia, a comerciante

Emprendedora, traballadora incansábel, buscadora de horizontes novos para a súa vida, líder indiscutible de un grupo de mulleres dispostas a correr o risco da contraculturalidade. A súa sensibilidade fíxolle descubrir nas palabras de Paulo unha sabedoría tenra de un Deus débil

“Despois de se bautizar cos seus, díxonos: Se confiades na miña fe vide para na miña casa”

A súa casa fíxose comunidade, comezo dunha experiencia que abriu á fe, á esperanza e á solidariedade a homes e mulleres desexosas dun novo destino.

 

Coma Xudit proclamara:

A túa forza non está na multitude, e o voso poder non depende dos que son poderosos, antes ti e-lo Deus dos humildes, o socorro os pequenos, o protector dos que se ven abandonados o salvador dos que xa non teñen outra esperanza”

Por iso nesta danza da sabedoría fanse verdade con mais forza as palabras de Xesús:

“Asegúrovos que onde queira que se anuncie a Boa Nova, polo mundo enteiro, falarase do que acaba de facer, en memoria dela”.

Compartir:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp